A sentenza que publicamos, dictada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 4 de Lugo, resolve dúas cuestións que resultan ser relativamente polémicas en materia de arrendamentos urbanos: a extinción do contrato por xubilación do arrendatario nos termos do dereito transitorio da Lei actualmente vixente e o dereito de retracto cando se trata da venta conxunta das fincas que compoñen un edificio sen división horizontal.
A sentenza, con relación á primeira cuestión, entende que concurre causa de extinción do contrato dende o mesmo momento do paso á situación de xubilación (neste caso por causa de enfermidade), así como que, efectivamente, seguindo a xurisprudencia na materia, non se pode dar lugar á acción de retracto nos casos de transmisión dun edificio, ainda que este conste de partes susceptibles de aproveitamento independente.
Lugo, xaneiro de 2022
Xosé Manuel Fernández
Socio-director do Depto de Dereito Civil
Para consultar a sentenza completa preme aquí.