O Xulgado do Social condena ao Concello de Lugo ao pagamento de 65.000 € en concepto de indemnización pola vulneración dos dereitos de seis traballadoras sociais, esí como ao cesamento das condutas demandadas.
Con ocasión dunha denuncia de acoso presentada por parte de seis traballadoras sociais ante o Concello de Lugo (cinco delas funcionarias e a outra persoal laboral) fronte a dúas persoas pertencentes á área de Benestar Social e Maiores, sofreron a filtración da resolución do Comité de Valoración do Acoso aos medios de comunicación antes que tomar coñecemento por elas mesmas do seu contido.
Asimesmo, tamén sofreron unha actividade discriminatoria consistente na mengua das súas retribucións salariais, por canto o Concello de Lugo deixou ao arbitrio dunha das denunciadas (que non demandada) a valoración do complemento de produtividade, que non se axustou a patróns de valoración claros nen xustificados, coartando a súa liberdade de discrepancia. Isto traduciuse, en palabras do Xulgador de Instancia, nun “acoso indirecto ao lanzar unha mensaxe encuberta de que calquera discrepancia ou situación de tensión pode derivarse en mengua das retribucións” e “supor, iste feito, un ataque á integridade moral e persoal das traballadoras en conflito”, non articulando o Concello de Lugo nengún mecanismo que evitara iste tipo de consecuencia directa do conflicto existente entre as actoras e a súa superior xerárquica previamente denunciada.
Esí, recoñécese unha indemnización en favor das actoras na coantía de 10.000 euros para cada unha delas, agás para unha, á cal se lle recoñeceu a coantía de 15.000 euros pola repercusión que tais circunstancias tiveron sobre a súa integridade moral, derivando nunha situación de baixa médica.
Lorena Fonteboa,
Letrada do Depto. de Laboral
Para acceder á sentenza prema sobre esta ligazón.