A Sentencia do Tribunal Supremo que publicamos, estima o recurso de casación por infracción legal, e, no análisis dos dous motivos aducidos, recorda como frente ás Sentencias dictadas polas Audiencias Provinciais tan so cabe analizar os fundados en infracción legal, sin posibilidade polo tanto de entrar a razonar a procedencia de calqueira outro que se aparte da denuncia do “error iuris”.
De xeito que se estima o motivo así fundado, e, como queira que no caso enxuiciado (delito de alzamento de bens) se condenou ao acusado como responsable civil a unha indemnización en metálico, sin que esta fose pedida pola acusación, que postulaba a nulidade dos negocios xurídicos transmisivos sin traer ao procedimento aos terceiros intervintes, a Sala casa e anula a Sentencia da Audiencia e deixa sin efecto o pronunciamento atiente á responsabilidade civil.
Xosé M Fernández.
Letrado coordinador da área de Penal.-
Para acceder á sentenza prema sobre esta ligazón.