Herdanza

          A Sentencia do TSXG, Sala do Civil, resolve recurso de casación sobre unha materia na que, no que se refire ao seu concreto obxeto, non existía Xurisprudencia do Tribunal, motivo que fundou no seu momento a admisión a trámite do recurso.

          En resumo, a Sala considera, tal e como sostiña a nosa defensa no recurso, que o pacto de millora con entrega de bens regulado nos arts. 214 e seguintes da LDCG non queda sin efecto pola mera manifestación de desherdamento do millorado que consta no testamento da millorante, sendo preciso, pola contra, que esta tivese exercitado as correspondentes accións impugnatorias que tan so a ela lle pertencían.

          Sostíñase no recurso de casación presentado, e queda polo tanto descartado pola Resolución comentada, que a mera manifestación testamentaria poida erixirse por sí mesma en causa suficiente para privar de plena eficacia ao negocio transmisivo previamente efectuado polo testador.

          Lugo, maio de 2026

          Xosé Manuel Fdez.

          Letrado coordinador da área de Civil.-

Para acceder á sentenza prema sobre esta ligazón.