FORO AVOGADOS LUGO, S.C.P. , está conformado por un nutrido equipo de avogados, nunha organización de traballo en equipo e por especialidades, o que, por unha banda permite cubrir un más amplo espectro de materias, e por outra garante unha atención personalizada e especializada, atendendo os asuntos que os nosos clientes nos encomendan nos distintos órdenes xurisdicionais, en todo o territorio de Galiza e do Estado, e inclusive diante dos órganos da Unión Europea, para o que mantemos acordos de colaboura permanente con importantes despachos do Estado Español e doutros paises da Unión Europea.
ALBERTE X. RODRÍGUEZ FEIXÓO
Barcelona, 1954.
Licenciado en Dereito pola Universidade Central de Barcelona (1972-1977). Cursou estudos, durante dous cursos, na Facultade Internacional para a Ensinanza de Dereito Comparado de Estrasburgo.
É membro fundador de “Xustiza e Sociedade de Galiza” e membro do seu secretariado. Membro fundador, asimesmo, da Irmandade Xurídica Galega. Ostenta o Premio Pedro González otorgado polo Consello da Avogacía Galega.
Colabora habitualmente en xornáis e publicacións, é autor de diversos estudos en materia de dereito laboral, e ponente en diversos seminarios e conferencias.
Desenvolve a súa laboura profesional fundamentalmente en dereito laboral e problemáticas afíns, tendo intervido na solución de conflictos moi coñecidos nese ámbito, no que está altamente especializado e goza dunha gran experiencia.
Linguas: galego, castelán, inglés, catalán, portugués.
Contacto: foro@foroavogados.gal
XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ VARELA
Friol (Lugo), 1962.
Licenciado en Dereito e Diplomado na Escola de Práctica Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela (1980-1985).
Dirixíu a Asesoría Xurídica do Sindicato Labrego Galego entre os anos 1988 e 1995 e foi socio fundador de Xustiza e Sociedade de Galicia e membro do seu Secretariado, e membro da Irmandade Xurídica Galega.
Outorgóuselle o Premio “Pedro González” por parte do Consello Galego da Avogacía.
Coordina as áreas de Dereito Civil, Mercantil e Administrativo da firma, con ampla experiencia en Dereito Civil xeral e da Construcción, Resposabilidade Civil, Dereito Civil de Galicia e Dereito administrativo.
Linguas: galego, castelán, inglés e portugués.
Contacto: xosemanuelfernandez@foroavogados.gal
MANUEL SILVA GARCÍA
Ourense, 1978.
Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, 2004.
Curso de Postgrao da Universidade de Santiago de Compostela en Dereito de Sucesións.
Letrado das áreas de Dereito Civil e Mercantil, desenvolve o seu traballo fundamentalmente en asesoramento e litixios de Dereito Hereditario e Dereito de Familia, nas súas distintas vertentes, e colabora na área de Dereito Bancario.
Linguas: galego, castelán, inglés e portugués.
Contacto: manuelsilva@foroavogados.gal
PALOMA LÓPEZ OUTEIRAL
Boiro, A Coruña, 1975.
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, 2001.
Cursou estudos universitarios da Licenciatura de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela.
Pertence á área de Dereito Civil e Mercantil.
Desenvolve a sua labor en materias de Dereito Mercantil, Dereito Bancario, Concursal e Dereito de Empresa, así como Litigación Penal.
Linguas: galego, castelán, inglés e portugués.
Contacto: palomalopez@foroavogados.gal
NOELIA BARREIRO SÁNCHEZ
Friol (Lugo), 1981.
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela no 2004, coas especialidades de Dereito Privado, Público e de Empresa.
Pertence á área de Dereito Civil e Mercantil, desenvolvendo a súa laboura en Litigación Civil e Dereito Bancario.
Colabora asimesmo mas áreas de Dereito Administrativo e de Función Pública.
Linguas: galego, castelán, inglés e portugués.
Contacto: noeliabarreiro@foroavogados.gal
MARTA URIARTE MUÑECAS
Zaragoza, 1968.
Licenciada en Dereito pola Universidade de Zaragoza.
Cursou oposicions ao corpo de Notarios.
Máster universitario en Avogacía pola Universidade de Santiago de Compostela.
Pertence á Área de Dereito Laboral.
Linguas: galego, castelán, inglés e portugués.
Contacto: martauriarte@foroavogados.gal
LORENA FONTEBOA CARRICOBA
Lugo, 1996.
Cursou estudos universitarios do Grao en Dereito e o Máster en Avogacía na Universidade de Santiago de Compostela.
É Técnico Superior en Transporte e Loxística.
Especialista no sector do transporte, no que conta cunha ampla formación.
Pertence á área de Dereito Laboral.
Linguas: galego, castelán, inglés, francés e portugués.
Contacto: lorenafonteboa@foroavogados.gal