Recoñecemento do complemento por paternidade na xubilación

nova-sentenza-publicada-foro-avogados-1920

O Xulgado do Social nº 4 de Lugo concede nesta sentenza o complemento por paternidade a un pai con tres fillos, xubilado no ano 2017, no sentido que xa están acollendo outras resolucións dos Xulgados do Social.

De interese resulta o feito de que os efectos económicos se recoñecen dende a data mesma do paso a situación de xubilación, superando pois o criterio legal de recoñecemento de tan so tres meses de retroacción de efectos económicos.

A sentenza foi recorrida polas entidades xestoras diante do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia e fica pendente de firmeza definitiva.

Para consultar a sentenza completa preme aquí.

[contact-form-7 id=”496″ title=”Crexis Contact Form Simple GL”]