A Real Academia Galega define senteza como a decisión dun xuíz ou dun tribunal sobre un caso concreto. Asimesmo, aparece outra definición que se refire ó dito ou frase que expresa un consello ou xuízo da saberdoría popular. Tendo claro o seu significado resulta interesantes coñecer os principais tipos de sentenzas existentes.
Segundo a razón da materia
- Civís.
- Penais.
- Contencioso-administrativas.
- Laborais ou comerciais.
Segundo a forma
- Escritas.
- Orais (só admisibles nalgúns procesos).
Segundo os efectos
- Constitutivas. Ten que ver cos procesos civís que poden crear (adopción) modificar (filiación) ou poñer fin a unha situación xurídica (divorcio).
- Declarativas. Declárase unha situación xurídica que non existía con anterioridade como pode ser unha declaratoria de herdeiros.
- Absolutorias. Cando nun proceso penal o procesado é absolto por insuficienca de probas.
- Condenatorias. Aplícase unha codea dacordo a unha lei penal tras demostrarse a responsabilidade do acusado. O mesmo acontece canta nun proceso ciil se impón a unha das partes o resarcemento do dano causado.
Segundo o alcance da resolución
- Interlocutorias. Non deciden sobre a cuestión principal.
- Definitivas. Resolven a cuestión de fondo.
Segundo a posibilidade ou non de impugnación
- Firmes. Non son recurribles.
- Recurribles ou non firmes. Permite que se interpoñan recursos ordinarios ou extraordinarios.
Segundo a súa instancia
- De instancia única. Non cabe apelación ou recurso algún ante tribunal superior.
- De primeira instancia. Cando a decisión do xuíz que decide en primeiro grado pode ser revisada por un tribunal de instancia superior.
- De segunda ou ulterior instancia. A dictada polos tribunais que revisan a sentenza dictada en anteriores instancias.
Fonte: https://derecho.laguia2000.com/