Unha traballadora acode á vía xudicial para reclamar a redución e concreción horaria solicitada e unha indemnización por danos morais

nueva-sentencia.1920.png

A traballadora afectada por esta Sentenza analizada prestaba servizos para a empresa en turno fixo de mañás;  solicitou redución de xornada e concreción da mesma dentro do seu horario de traballo habitual, ao abeiro do artigo 37. 6 e 7 do ET; e se ben a empresa accedeu á solicitude de redución dun 25% da súa xornada, denegoulle a concreción horaria solicitada, pretendendo instaurarlle turnos rotatorios de mañá e de tarde, por considerar que isa era a xornada que viña realizando habitualmente.

A traballadora acode á vía xudicial para reclamar a redución e concreción horaria solicitada e unha indemnización por danos morais pola vulneración do seu dereito á igualdade e non discriminación, estimando a demanda o Xulgado do Social Nº1 de Lugo e presentando recurso de suplicación a empresa demandada ante o TSXG, solicitando se revoque a resolución de instancia e se desestime íntegramente a demanda por expresa aceptación da concreción horaria solicitada pola traballadora e, subsidiariamente, que se declare a inexistenza de vontade e/ou finalidade discriminatoria da empresa na tramitación da solicitude formulada pola traballadora.

A empresa argumenta, en síntese, que concedeu a concreción horaria á traballadora a través dun correio electrónico enviado polo seu avogado a quen por aquel entón era o avogado da traballadora pero a empresa non acredita as facultades que o seu letrado tiña nen tampouco que se lle participase o contido á traballadora, tratándose, diste xeito, dun mero intercambio de información entre letrados.

A Seentenza non acolle a pretensión da empresa no referente ao recoñecemento da indemnización, xa que o feito de que a mera denegación da concreción horaria non implique por sí soa que se esté vulnerando o dereito de non discriminación, sendo preciso que a traballadora acredite algún indicio de discriminación, e se os mesmos se aportaran, corresponderá á empresa acreditar que existen causas razoábels para iso. Únicamente ten cabida naqueles supostos nos que se pretenda a concreción horaria fóra da xornada de traballo habitual. En todo caso, niste suposto existen indicios máis que suficientes da vulneración de DD. FF., sen que a empresa xustificase o seu comportamento máis alá de dicir que se tratou dun “erro”, o cal resulta inadmisíbel por canto debía coñecer e cotexar cal era realmente a xornada de traballo habitual da traballadora.

 

LORENA FONTEBOA CARRICOBA

LETRADA DO DEPTO. DE LABORAL

 

Para acceder á sentenza prema sobre esta ligazón.