A Sentenza que compartimos, dictada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 1 de Lugo, estima a demanda do noso cliente e condena á entidade bancaria demandada a reintegrarlle unha suma de 185.849 euros, incrementada cos intereses e as custas do proceso.
No presente caso, o cliente, usuario de servicios bancarios, recibiu a coñecida como “chamada de Microsoft”, medio que posibilitou a manipulación dos seus equipos informáticos e acceso ós seus depósitos bancarios por parte dos defraudadores. Pese a ter fixados contractualmente unhos límites moi modestos de disposición nos seus productos, a entidade bancaria nin os aplicou nin advertiu as disposicions fraudulentas, para poder evitalas, posibilitando así o vaciado de fondos.
A base xurídica da Sentenza susténtase na consideración de que a entidade bancaria incumpliu o seu deber de vixilancia, ao non impedir disposicións fraudulentas de importes moi superiores ós habituais do cliente, superando ampliamente os límites contractuais establecidos, con vulneración do art. 1902 do Código Civil, Regulamento Delegado U.E. 2018/389, da Comisión, que completa a Directiva 2015/2366, e R.D.L. 19/2018, de 23 de novembro, sobre Servicios de Pago e outras medias en materia financiera.
Lugo, 3 de maio de 2023.
Xosé Manuel Fernández Varela,
Socio-director do Depto. de Dereito Civil
Para consultar a sentenza completa preme aqui