Recentemente tivemos ocasión de intervir nun asunto no que se interesaba de xeito acumulado a declaración de validez dun documento privado de transmisión de dereitos hereditarios e ao propio tempo a nulidade dun posterior contrato de venda realizado sobre un dos bens que formaba parte da herdanza previamente transmitida, formalizado en escritura pública, asemade da consiguente nulidade da inscripción causada no Rexistro da Propiedade.
A Audiencia Provincial de Lugo veu a confirmar íntegramente a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia nº 1 de Vilalba que estimaba as pretensións defendidas por este despacho, facendo unha completa análise dos requisitos que han de cumprirse para que un contrato privado teña plena validez incidindo nas distintas formas da “traditio” con especial referencia á creación dun signo exterior de recognoscibilidade da traslación de dominio, ocupándose asimesmo en detalle de analizar a nulidade do contrato de compraventa formalizado en documento público ao concurrir no mesmo ausencia de causa, entendéndoo como un negocio simulado ao non acreditarse a existencia de precio, e negando á contraparte a condición de terceiro de boa fe a efectos de protección rexistral ao resultar coñecedor da anterior venda ao noso cliente en contrato privado.
Podes consultar a sentenza completa premendo aquí.