06 Abr, 2018

Trámites para recibir unha herdanza: con ou sen testamento

tramites-para-recibir-unha-herdanza-1920

Un testamento realízase co fin de evitar problemas futuros facendo un reparto dos bens dunha persoa cando se produza o seu falecemento. É moi importante contar co asesoramento dun notario e/ou avogado para elixir a modalidade máis adecuada e redactar ben o seu contido.

Tipos

As formas menos utilizadas á hora de facer un testamento son o militar, marítimo ou notarial pechado. Pola contra, os que testamentos máis frecuentes son o hológrafo e o notarial aberto. Imos explicar a diferenza entre ambos:

  • Hológrafo: é un testamento que fai o testador por si só escribíndoo do seu puño e letra coa expresión do ano, mes e día no que se fai. Se non aparecen todos os datos anteriores ou a firma do testador será nulo. A falta de asesoramento técnico é o principal problema deste tipo de testamento que pode traducirse nun proceso e compricado para comprobar a súa autencidade. Non obstante, pode resultar útil en situacións de urxencia.
  • Aberto notarial. Pódese dicir que é case o único testamento que se realiza actualmente polas súas ventaxas. Trátase de deixar constancia das últimas vontades en escritura pública ante notario. Desde xeito asegúrase que as cláusulas estén dentro da legalidade. As posibilidades son moitas polo que sempre se informará das consecuencias fiscais de cada unha. Ademais, será o notario o que se encargue da conservación do testamento orixinal xa que o testador terá unha copia.

Herdeiros

Cando unha persoa falece os seus bens e débedas se ten pasan a quen sinale o último testamento ou no se defecto a lei. Antes de proceder coa partición dunha herdanza haberá que saber quenes son os herdeiros seguindo os seguintes pasos:

  • Solicitar o certificado de defunción no Rexistro Civil da localidade onde se produxo o falecemento que soa estar no Concello (Xulgado de Paz).
  • Comprobar se unha persoa fixo testamento aportando o certificado de defunción ao Ministerio de Xustiza. Tamén se pode pedir o certificado do Rexistro de Actos de Última Vontade de forma telemática a través do despacho do notario.
  • Se hai testamento pódese pedir unha copia auténtica do certificado anterior no despacho do notario onde se fixo ou a través doutro notario. Só poderán facelo as personas que teñan algún dereito na herdanza, os herdeiros forzosos ou os que teñan dereito á herdanza se non houbera testamento.
  • No caso de que non exista testamente haberá que facer a declaración de herdeiros por vía notarial.

En Foro Avogados dispoñemos de servizos xurídicos en diversas áreas como a que ten que ver con este tema: o dereito hereditario.

Fonte: Consello Xeral do Notariado

 

Trackback URL: https://foroavogados.gal/tramites-para-recibir-unha-herdanza-con-ou-sen-testamento/trackback/