21 Mai, 2018

SOBRE O DEREITO DO PERSOAL FUNCIONARIO Á PERCEPCIÓN DAS RETRIBUCIÓNS COMPLEMENTARIAS DUN POSTO DE CATEGORÍA SUPERIOR

nova-sentenza-publicada-foro-avogados-1920

Con ocasión dun recurso presentado por este despacho, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de recoñecer a unha empregada pública que viña desempeñando as funcións correspondentes a un posto de categoría superior o seu dereito a percibir as retribucións complementarias obxectivamente vinculadas ao mesmo.

Neste senso, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acolle o noso plantexamento e estima íntegramente o recurso presentado, declarando o dereito á percepción das diferencias retributivas cando se acredite que as funcións de categoría superior se veñen realizando de forma continuada, completa, estable e exclusiva, desbotando as anteriores esixencias de parte da xurisprudencia precedente que requerían da existencia de dotación presupostaria e dunha adscripción formal ao posto ou nomeamento previo da Administración.

Neste punto vén a declararse que basta con que a situación de realización de funcións de categoría superior de modo pleno, continuo e estable, se realice por complacencia ou tolerancia tácita da Administración, pois dese modo estase a previr o enrequecemento inxusto, resultando paradóxico que quen incumpre o deber de velar porque a distribución do traballo nas diversas dependencias se leve a cabo con arreglo aos distintos niveis recollidos na relación de postos de traballo, se poida beneficiar do desempeño de tarefas dun posto de categoría superior por parte dun empregado público.

Para acceder á sentenza completa pincha aquí.

NOELIA BARREIRO SÁNCHEZ

Letrada do Dpto. de Dereito Administrativo FORO AVOGADOS

Trackback URL: https://foroavogados.gal/sobre-o-dereito-do-persoal-funcionario-a-percepcion-das-retribucions-complementarias-dun-posto-de-categoria-superior/trackback/