O Consello Xeral do Poder Xudicial informa nunha nota de prensa que durante o ano 2017 entraron nos órganos xudiciais de España un total de 5.873.689 novos asuntos. Isto significa un 1,14 por cento máis que con respecto ó exercicio anterior cunha subida de 9,2 puntos na xurisdicción civil e dun 5,8 por cento na xurisdición social. Pola contra, no resto das xurisdiccións a porcentaxe reduciuse. Canarias sitúase á cabeza na taxa de litixios con 164,5 asuntos por cada mil habitantes.
Máis datos
Neste mesmo periodo os tribunais resolveron 5.748.410 asuntos supoñendo un 4,3% menos. En trámite quedaron 2.379.293 asuntos. Por xurisdiccións as cifras de procedementos resoltos son as seguintes:
- Civil: 1.873.998
- Penal: 3.275.857
- Contencioso-Administrativa: 205.396
- Social: 392.927
Por comunidades
A taxa de xuízos no conxunto de España é de 126,1 por cada 1.000 habitantes. Esta cantidade sobe en determinadas zonas do país como: Canarias (164,5), Andalucía (145,1), Baleares (138,6), Cantabria (129,6), Asturias (128,8) e Murcia (128). Polo contrario, as taxas máis baixas sitúanse en Navarra (94,3), País Vasco (93,5) e A Rioxa (85,4).
Para consultar as estadísticas con maior detalle preme aquí.
Fonte: Consello Xeral do Poder Xudicial