04 Xan, 2022

Sentenza relacionada co “cártel dos camións”

nova-sentenza-publicada-foro-avogados-1920

A sentenza anexa acolle unha demanda entablada por dous perxudicados pola adquisición de vehículos pesados, no período comprendido polos efectos da decisión de 19 de xuño de 2016, da Comisión Europea, en relación co coñecido como CÁRTEL DOS CAMIÓNS.

A sentenza rexeita os motivos de oposición á demanda, esgrimidos por parte da compañía demandada, e acolle a posición dos demandantes, que solicitaban unha indemnización económica para resarcirse dos prexuízos económicos causados polo sobrecoste no precio dos seus vehículos.

En liñas xerais, esta sentenza do Xulgado do Mercantil de Lugo segue as liñas xa establecidas por outras anteriores, pero, a súa singularidade estriba en que, neste caso, e tamén de acordo cos últimos criterios da Xurisprudencia Europea, se condena á empresa filial española, en contra de diversos fallos recientes de varios Xulgados e Audiencias, que estimaban como pasivamente lexitimadas ás matrices europeas sinaladas nominalmente na propia decisión.

 

        Xosé Manuel Fernández Varela

        Letrado director do Depto. Civil-Mercantil

Para consultar a sentenza completa preme aquí.

    Coñezo e acepto a información legal e sobre privacidade.

    FORO AVOGADOS informa que os datos persoais que proporcionou a través deste formulario serán tratados por FORO AVOGADOS LUGO SCP como responsable desta web. A finalidade da recollida e tratamento de datos persoais que solicitamos é enviarlle as nosas comunicacións, publicacións, promocións de produtos e/ou servizos. A lexitimación faise mediante o consentimento do interesado. Informámoslle que os datos que nos proporcione estarán situados nos servidores de Interdominios (proveedor de hospedaxe) situados en España. Consulte a política de privacidade de Interdominios. O feito de que non ingrese os datos persoais que aparecen no formulario como obrigatorio pode ter a consecuencia de que non pode cumprir a súa solicitude. Pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, limitación e eliminación de datos en foro@foroavogados.gal, así como o dereito de presentar unha reclamación a unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de datos na nosa política de privacidade

    Trackback URL: https://foroavogados.gal/sentenza-relacionada-co-cartel-dos-camions/trackback/