O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ven de ratificar unha sentenza do Xulgado do Social nº 3 de Lugo que estima a flexibilización horaria dunha traballadora da Xunta da Galiza, concedendo, a maiores, unha indemnización polo feito de non poder ter disfroitado dun lexítimo direito que lle correspondía dende o intre en que debía entenderse concedido por silencio administrativo positivo.
Corresponde á administración a carga probatoria das supostas interferencias e prexuízos da flexibilidade horaria peticionada pola traballadora no correcto funcionamento do traballo, alegación que adoita ser a empregada pola administración.
A maiores, o Tribunal determina a dificultade na determinación indemnizatoria nos supostos de dano moral, entendendo, non obstante, axeitada, a cuantificación que se atope dentro dos límites establecidos na LISOS, conforme a recente xurisprudencia que se colaciona na fundamentación xurídica da resolución.
A flexibilidade horaria, como modalidade distinta e máis liviana que a máis empregada reducción de xornada na empresa privada, está regulada na normativa autonómica galega como direito dos traballadores da administración autonómica co fin protector da tan difícil conciliación entre a vida familiar e a laboral.
Podes acceder á sentenza completa aquí.
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.