O Xulgado do Social nº 2 de Lugo, nun asunto no que intervíu o noso despacho, ditou recentemente unha sentenza en materia de despedimento e cesión ilegal de traballadores, ratificada polo Tribunal superior de Xustiza de Galiza, recoñecendo o despedimento do traballador como improcedente por existir cesión ilegal de traballadores da empresa que o tiña formalmente contratado a Empresa B, e ser ista a súa verdadeira empregadora, carecendo de obxecto o despedimento por causas obxectivas efectuado pola empresa que formalmente o tiña contratado cando realmente hai unha cesión ilegal de traballadores e o seu verdadeiro empregador é a empresa á que está cedido, niste caso, a Empresa B.
Para consultar a sentenza completa preme aquí.