O Xulgado do Social nº 1 de Lugo, nun asunto no que intervíu o noso despacho, ditou recentemente unha sentenza en materia recoñecemento de cantidade (complemento de antigüidade), recoñecendo o dereito a unha traballadora fixa discontinua a devengar o complemento de antigüidade polos anos de servizo na empresa, sen ter en conta os servizos efectivamente prestados. Isto é, a citada resolución xudicial obtida por este despacho entende, en aplicación da recente doutrina do Tribunal Supremo, que para computar a antigüidade dos traballadores fixos discontinuos, se debe ter en conta toda a antigüidade do traballador dende a data de entrada na empresa, incluido o tempo no que non se prestaron os servizos efectivos, a efectos de trienios e antigüidade, máxime cando o propio convenio así o establece.
Para acceder á sentenza completa pincha aquí.