28 Set, 2018

A problemática das profesións non reguladas e a incorporación da necesidade de titulación nos convenios colectivos

nova-sentenza-publicada-foro-avogados-1920

A evolución das distintas profesións, a maior cualificación e especialización académica nos derradeiros anos dos cidadáns, fai preciso atopar solución aos supostos nos que se atopa un traballador desenvolvendo unha categoría profesional (correspondente a unha profesión non regulada) non acorde ao que de reseña no seu contrato de traballo; non sendo retribuído por esas funcións superiores por esixir á empresa, convencional ou unilateralmente, unha especial titulación académica para o desenvolvemento desas específicas funcións. O traballador, non obstante desenvolve as tarefas de superior categoría sen posuir a titulación, plantexando a dúbida de de si ten dereito a percibir a retribución correspondente.

Pois ben, remata de unificar doutrina o Tribunal Supremo ao respeito. Nas profesións non reguladas, ou aquelas que non se atopan incluídas na lexislación sustantiva vixente que esixe que para o seu exercicio se acade unha titulación oficial específica, non poden ficar ao albur da empresa, ou á negociación colectiva no que respeita á súa retribución; pois en ningún caso poderá impedir o cumprimento do disposto no artigo 39 do noso Estatuto dos Traballadores normativa xerárquicamente superior, que obriga a adecuar a retribución ás funcións que efectivamente se realicen. Aquel traballador que se atope realizando funcións de superior categoría correspondentes a unha profesión non regulada (aquela para a que legalmente non se esixe titulación) percibindo o salario inferior, en correspondencia ca categoría inferior que consta no seu contrato, baixo a alegación empresarial de que precisa unha titulación específica deberá, non obstante, percibir a retribución correspondente á categoría superior, sendo absolutamente contraditorio que a patronal esixa a realización dunhas funcións de categoría superior pero non as retribúa porque ísta  esixe unha titulación para poder acometela. Vemos pois, que os nosos Xulgadores outorgan, de xeito subiacente, a importancia que merece á experiencia demostrada nun posto de traballo realizado ao longo dos anos.

Para acceder á sentenza completa pincha aquí.

Sandra Regueira Gay

Letrada do Depto. de Laboral

Foro Avogados

Trackback URL: https://foroavogados.gal/a-problematica-das-profesions-non-reguladas-e-a-incorporacion-da-necesidade-de-titulacion-nos-convenios-colectivos/trackback/