Unha recente sentenza do Xulgado de 1ª Instancia de Becerreá analiza unha cuestión que a miúdo resultou controvertida na xurisprudencia: a intanxibilidade cualitativa e cuantitativa da lexítima cando na partilla de dous causantes que formaron matrimonio en réxime de sociedade de gananciais se prescinde da liquidación da mesma.
Trátase dun suposto no que o noso despacho defendía a posición final que adopta a sentenza, partindo de que aos nosos clientes (fillos daquel matrimonio) tan so se lle adxudicaban bens que tiñan a condición de privativos e procedentes da herdanza materna. Decíamos, e así se acorda, que aínda que na herdanza existira un so ben ganancial, parte deste tiña que adxudicárselles, so pena de resultar desheredados por pai, que carecía de bens privativos no seu acervo.
Realmente a sentenza entende que non existe vulneración da lexítima en canto ao seu “quantum”, pero sí que se vulnera a súa intanxibilidade cualitativa, dado que se produce a deserdación dunha parte dos fillos ao non serlles adxudicados bens da herdanza paterna.
Tal e como opinábamos pola nosa parte, o que acontecía no caderno particional impugado era que se prescindía completamente de liquidar a sociedade de gananciais e atribuir a cada cónxuxe o que no proceso de liquidación correspondese, pois, dado que os bens gananciais consisten fundamentalmente nunha casa e finca (ademáis do panteón familiar), a liquidación tan so podería facerse mediante a adxudicación a cada cónxuxe supérstite dun 50% dos bens, ó resultaren estes indivisibles. E o que aquí se facía, e que a sentenza corrixe, era mezclar indebidamente bens gananciais e privativos e adxudicar tódolos gananciais a algunos herdeiros, cando non era posible, porque así outros interesados quedaban privados de bens na herdanza paterna, e non estaban obligados a prescindir deles si voluntariamente non querían facelo. É decir, non é obligado para parte dos herdeiros quedar deserdados na herdanza paterna, por moito que se pretenda unha permuta de bens gananciais por privativos, á que non están dispostos nin teñen por qué consentir.
Podes consultar a sentenza premendo aquí.
Xosé Manuel Fernández Varela