O noso despacho tivo a oportunidade de intervir nun asunto no que de adverso se plantexaba a nulidade dun caderno particional homologado xudicialmente, con base en que a sentenza que ao respecto se dictou no seu día no procedemento de división de herdanza non tiña efectos de cousa xulgada.
Do referido asunto coñeceu o Xulgado de Primeira Instancia nº 18 de Madrid dictando sentencia en data 23 de maio de 2018, pola cal se desestimaron as pretensións esgrimidas de contrario, Sentencia que acaba de ser confirmada pola Sección Decimocuarta da Audiencia Provincial de Madrid, a medio da Resolución que se adxunta.
No caso que nos ocupa,tanto a Audiencia Provincial de Madrid como o Xulgado de Primeira Instancia acolleron os motivos de oposición formulados en representación da nosa cliente, apreciando tanto a existencia de cousa xulgada como a vulneración do principio de boa fe como consecuencia dunha actuación de adverso contraria aos propios actos.
Así as cousas e polo que respecta á existencia da cousa xulgada a Audiencia Provincial razona que “en definitiva debe manterse a existencia da cousa xulgada de mediar un proceso no que as pretensións que integran o seu obxeto puideron ser examinadas con plenitude e resoltas no marco dun procedimento contradictorio, desarrollado tamén con plenitude de alegación e proba coa presencia das identidades en torno as cales se constrúe”, como de feito tiña sucedido, e elo pese á dicción do artigo 787.5 da LEC, no que exclúe de dito efecto ás sentencias recaídas nos procedementos de división de herdanza.
A maior abundamento, a Audiencia Provincial sostén que “dentro do estándar esixido social e éticamente aos titulares dos dereitos se encontra a obriga de exercitar os mismos con certa prontitude sen permitir que tal inactividade perxudique á parte contraria nin lle dé pé a pensar que se renunciou ao mesmo, e o non actuar contra os propios actos que impide que unha persona poida actuar nun momento determinado en contra dun comportamento anterior expreso e exteriorizado que permitiu ás persoas interesadas pensar que se tomara unha determinación definitiva sobre unha materia.”
Para consultar a sentenza completa preme aquí.