Unha das áreas de actuación de Foro Avogados é a do dereito laboral e da Seguridade Social. Trátase dunha rama que regula a relación laboral entre empregados e empresas, así como a intervención das diferentes administracións e os sindicatos.
Entre os temas máis comúns atópanse os seguintes:
- Conflictos e asesoramento laboral: vacacións, modificacións de condición laborais, conciliación familiar, tutela de dereitos fundamentais, horas extraordinarias, etc.
- Despedimentos e reclamacións salariais.
- Prestacións da Seguridad Social e desemprego.
Dereitos sociais
A Constitución establece unhas mínimas garantías:
- Dereito ó traballo.
- Dereito ó salario mínimo.
- Indemnización ante despedimento ou fin de contrato.
- Dereito de sindicación.
- Dereito de folga.
- Dereito a negociar colectivamente.
- Xornada de traballo, descanso semanal e vacacións.
- Seguridade Social.
- Seguridade e hixiene na empresa para previr accidentes do traballo e as enfermidades profesionais.
Lei
A máis importante e o Estatuto dos Traballadores, a Lei Reguladora da Xurisdicción Social e a Lei Xeral da Seguridade Social. Ademais, están as leis especiais para tratar temas particulares e moi específicos que complementan a lexislación laboral, así como os convenios colectivos e a nutrida xurisprudencia en cada unha das materias laborais.
Normativa internacional
- Tratados da Organización Internacional do Traballo (OIT).
- Pactos ou convenios das Nacións Unidas.
Negociación
O dereito laboral é unha materia na que a negociación é moi importante, tanto desde o punto de vista individual como colectivo, así como desde a perspectiva da empresa como dos traballadores, sendo posible, en numerosas ocasións, evitar o xuizo cun bo asesoramento e unha adecuada negociación.
Cambios lexislativos e xurisprudenciais
O dereito laboral caracterízase polos importantes cambios lexislativos e xurisprudenciais que existen na materia, sufrindo variacións constantemente para adaptarse ás circunstancias concretas da realidade social. Neste senso, é fundamental a figura do asesor ou do avogado para explicar a normativa vixente e a doutrina xurisprudencial que se debe aplicar en cada momento.