O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, nun asunto no que intervíu o noso despacho, ditou recentemente unha sentenza en materia prestacións por desemprego, recoñecendo o direito do traballador a continuar percibindo a prestación por desemprego e non devolver nengunha cantidade como indebidamente percibida por obter un rendemento neto de 475 brutos pola realización dunhas actividades periodísticas durante o período en que percibía a prestación por desemprego.
De feito, o que determina o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que revoca a sentenza do Xulgado do Social nº 3 de Santiago de Compostela é que, tal como defendía iste despacho, o rendemento neto obtido polo traballador coas súas colaboracións periodísticas durante o período en que tamén percibía a prestación por desemprego foi de tan escasa cantidade que non pode considerarse fruto dunha actividade que mínimamente mereza o calificativo de traballo a efectos de aplicar a incompatibilidade coas prestacións por desemprego e xerar un resultado tan manifestamente desproporcionado ou irrazonable como é o feito de privar ao traballador do direito a percibir o subsidio por desemprego e devolver as cantidades indebidamente percibidas.
Podes consultar a sentenza completa premendo aquí.