Comprar sen saír da casa é posible nas últimas décadas debido o auxe do comercio electrónico. Cada vez hai máis tendas online estando disponibles en todos lados e a calquera hora. En España xa son máis de 17 millóns de persoas as que realizaron compras por Internet.
Pero este novo perfil de consumidor en ocasións non sabe que conta cunha serie de dereitos fundamentais. Ter coñecemento deles é primordial para poder exixir en caso de que non se cumpran:
Dereito a obter información veraz
Antes de facer a compra debemos revisar os datos sobre o producto ou servicio contratado, así como as condicións dos gastos de envío.
Dereito á protección dos datos persoais
Informarase sobre o uso e finalidade da recopilación dos datos persoais. Ademais, os consumidores poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición.
Dereito a non suministrar datos persoais innecesarios para a compra
Non son necesarios para concluir a venta cuestións como: sexo, creencias relixiosas, estado civil…
Dereito a manifestar o consentimento
A través do marcado dunha casilla ou confirmación.
Dereito a ser informado do uso de cookies ou outros dispositivos de almacenamento de datos
Se existen estos aspectos sempre hai que informar ó usuario dunha páxina web.
Dereito a recibir atención personalizada a través de distintos medios diferentes ó correo electrónico
Para garantir unha comunicación directa e unha resposta rápida.
Dereito a utilizar distintos medios de pagos y que éstos sean totalmente seguros
Tamén terá o consumidor dereito a utilizar o medio de pago que elixa para realizar o desembolso.
Dereito a recibir o pedido nun prazo máximo de 30 días
De incumplirse este punto o consumidor terá dereito a obter unha compensación ou recuperar o diñeiro.
Dereito ó desestimento e dereito a reparación ou sustitución do producto ou rebaixa do prezo
Nun prazo de 14 días a contar desde a recepción do producto o consumidor ten dereito a renunciar á compra sen necesidade de xustificacion. Asimesmo, se se recibe un producto que non se comprou poderase solicitar a sustitución do mesmo.
Dereito á garantía do producto
Será de 2 anos, igual que nas compras físicas ou presenciais.
Fonte: Noticias Jurídicas