Con ocasión dun recurso presentado por este despacho, o Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Lugo veu a recoñecer ao coidador dun dependente falecido, durante a tramitación do procedemento de recoñecemento de grao e nivel de dependencia, os atrasos que debería ter percibido en concepto de libranza polos coidados dispensados no entorno familiar dende febreiro de 2013 ata o momento do falecemento, declarando nula a Resolución dictada pola Consellería de Política Social pola que inadmitía a solicitude formulada polo coidador e condenando en consecuencia á Administración demandada a facer efectiva dita prestación, incrementada cos xuros correspondentes, así como a abonar as custas causadas.
De xeito contundente a sentencia que nos ocupa recorda que a falla de aprobación do PIA en prazo por parte da Administración non debe privar ao dependente de tódalas prestacións e servicios recoñecidos na resolución de declaración da situación de dependencia, non sendo admisible que a Administración se poida beneficiar da súa propia inactividade, acollendo así o noso plantexamento e estimando íntegramente o recurso presentado.
Para ver a sentencia pincha aquí.
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.