O termo mala praxe ten que ver cos actos non apropiados ou ilícitos que se dan no exercicio dunha profesión. A pesar de que se emprega especialmente en medicina, é un concepto aplicable a calquera actividade profesional como no noso caso: a avogacía. Para cumprir con responsabilidade e evitar erros ou imprudencias é moi importante ter unha actitude ética e unha formación continua ou espírito de investigación.
O comportamento dos profesionais que integran un despacho de avogados é un factor clave para a supervivencia do mesmo. Falamos das diferentes conductas como: relación cos clientes, cos compañeiros de traballo e profesión e cos demais axentes xurídicos como fiscais, xuíces…
Capacidades ou competencias xerais
Todo avogado deberá:
- Sentir vocación polo seu oficio.
- Ter coñecementos xurídicos actualizados e saber aplicalos correctamente a cada situación. A actualización permanente das normas de dereito existentes é fundamental.
- Preparar e estudiar de xeito eficaz cada asunto encomendado. O proceso a seguir pode ser o seguinte: análise dos feitos, aplicación axeitada do dereito e emprego correcto dos procedementos específicos para a resolución do caso.
- Captar o problema xurídico incluso en situacións controvertidas.
- Ser capaz de defender os intereses do cliente.
- Controlar os sentimentos e emocións dun mesmo e dos demais coa finalidade de que non interfira no pensamento e acción. É dicir, ter certo grao de intelixencia emocional. Neste senso hai que mencionar habilidades como: confianza nun mesmo, autorregulación, motivación, empatía, comunicación, resolución de conflitos…
- Saber identificar os valores e as necesidades dos clientes e responder ós mesmos adecuadamente.
- Coñecer e traballar coas TIC debido a que estamos nunha era totalmente dixital.
- Ser proactivo para anticiparse e previr problemas.
- Cumprir cos principios deontolóxicos para garantir a satisfacción dos intereses do cliente e da sociedade. Exemplos: segredo profesional, veracidade, dilixencia, lealdade…
En definitiva, unha boa praxe profesional acádase principalmente estando ó día sobre os cambios que se producen continuamente na normativa e xurisprudencia sen pasar por alto a ética ou deontoloxía.
Fonte: www.informativojuridico.com