A Sentenza estabelece que o persoal laboral varón empregado público ten dereito ao permiso de paternidade de 22 semanas en igualdade coas mulleres

A Sentenza anexada estabelece que o persoal laboral varón empregado público ten dereito ao permiso de paternidade de 22 semanas en igualdade coas mulleres (6 semanas adicionais ás 16 que estabelece a Lei do Emprego Público de Galiza). A resolución xudicial do Tribunal de Instancia, Sección Social de Lugo, plaza número 1, considera que a denegación polo empregador Administración Púbrica, alegando que non hai precepto normativo no que basear o dereito ao disfrute de 22 semanas de paternidade polo varón, é arbitraria e inxustificada, e discriminatoria, e , en consecuencia,  producida a discriminación e vulneración do dereito fundamental á igualdade, condena á Administración demandada ao abonamento de 7.501 euros, tendo en conta que xa existe Xurisprudencia na materia, que non pode descoñecer a Administración Pública.

A  Sentencia basease na Xurisprudencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que ten en conta a regulación contida na Directiva 2010/18/UE do Consello, establecendo os  requisitos mínimos destinados a lograr a igoaldade entre homes e mulleres polo que respeita ás oportunidades no mercado laboral e ao trato no traballo, facilitando aos traballadores que sexan proxenitores  ou coidadores a conciliación da vida familiar e profesional, instaurando  dereitos individuais como o permiso da paternidade, permiso parental e permisos para coidadores.

Istas medidas de conciliación concibense con perspectiva de xénero, contribuíndo a lograr a igualdade entre sexos e promovendo a  participación   das mulleres no mercado laboral. Igualmente se ten en conta que a Lei orgánica 3/2007 para a Igualdade efectiva de mulleres e homes, senta as bases para a igualdade, describe o concepto de discriminación, e recolle as consecuencias xurídicas, entre as que se atopa  un sistema de reparacións e indemnizacións reales, efectivas e proporcionadas.

Marta Uriarte Muñecas

Letrada do Dpto. de Laboral

Para acceder á sentenza prema sobre esta ligazón.