A Sentencia do Tribunal Supremo, recoñece a un varón ter  cumplido o requisito de carencia específica para o cálculo do seu dereito á pensión de xubilación

A Sentencia do Tribunal Supremo anexada,  recoñece a un varón ter  cumplido o requisito de carencia específica para o cálculo do seu dereito á pensión de xubilación, descartando aplicar o chamado coeficiente de parcialidade, e descartando por tanto requerir máis tempo cotizado para cumplir con ista  carencia específica  (2 anos cotizados dentro dos últimos 15) porque a aplicación do coeficiente de parcialidade constituiría unha discriminación indirecta que vulneraría o artigo 4.1 da Directiva 79/7/CEE, o artigo 14 da Constitución Española, e os artigos 4 e 15 da Lei Orgánica 3/2007 para a Igualdade efectiva de homes e mulleres.

O máis destacabel dista resolución xudicial é que aplica o principio de igualdade a un varón discriminado pola aplicación do coeficiente de parcialidade para o cálculo do seu dereito á pensión de xubilación, cando esta discriminación tradicionalmente afectaba ás mulleres que son tradicionalmente as traballadoras a tempo parcial.

A cuantía da pensión determínase  en función de dous factores, a base reguladora e o periodo de cotización, que sirve a súa vez para fixar unha porcentaxe sobre a base reguladora.

Ao traballador a tempo parcial xa  se lle aplica o principio de proporcionalidade entre o aportado e o que recibe de pensión, xa que ten unha base reguladora inferior ao traballador ao tempo completo, e ista menor contribución afecta a obter un menor  importe na súa pensión.

Pero aplicando ademáis  iste principio de proporcionalidade ao cálculo dos períodos de cotización, é dicir, aplicar o coeficiente de parcialidade para o cálculo do período de cotización destes traballadores non se corresponde co que naturalmente deriva dos meses e anos materialmente cotizados,  e disto deriva unha diferenza de trato, para os traballadores a tempo completo donde  se computa o período de cotización  de xeito natural e para os traballadores a tempo parcial donde se computa o período de cotización  a partir dun valor reductor, castigando sobre todo aos traballadores con menor coeficiente de parcialidade na súa vída laboral.

Marta Uriarte Muñecas.

Letrada do Depto. de Laboral

Para acceder á sentenza prema sobre esta ligazón.