Analizando as consecuencias dunha cláusula testamentaria de desheredamento

           A Sentenza da Audiencia Provincial de A Coruña, analizando as consecuencias dunha cláusula testamentaria de desheredamento, con relación a un pacto sucesorio feito en vida da testadora, conclue que a cláusula en cuestión non produce automáticamente a nulidade dun pacto de millora polo que a testadora trasmitira bens en vida a un fillo, varios anos antes do seu falecemento, e parte de considerar que tan so a propia testadora, en vida, podería chegar a exercitar as correspondentes accións anulatorias.

           Considera asimesmo que o mero administrador da hedanza tampouco estaría lexitimado para o exercicio de accións anulatorias, e que non ten dereito ningún a ocupar a vivenda que fora transmitida mediante o pacto de millora.

           Marzo de 2026.

           Xosé Manuel Fernández Varela

           Letrado do departamento de civil.

Para acceder á sentenza prema sobre esta ligazón.