13 Abr, 2018

Denuncia falsa: cuestións importantes sobre este delito

denuncia-falsa-cuestions-importantes-sobre-este-delito-1920

Imputar a comisión dun ilícito penal ante unha autoridade que teña o deber de perseguilo a unha ou varias persoas a pesar de saber que non é verdade ou con intencionalidade é como se pode definir a denuncia falsa. Polo tanto, trátase dun delito que non se debe confundir con outras situacións do panorama legal como poden ser: delito de falso testimuño, simulación de delitos ou delito por presentar testemuños falsos.

Código Penal

O delito de acusación e denuncia falsa aparece tipificado no artigo 456 do Cód. Penal:

  1. “Los que, con conocimiento de su falsedad o temerario desprecio hacia la verdad, imputaren a alguna persona hechos que, de ser ciertos, constituirían infracción penal, si esta imputación se hiciera ante funcionario judicial o administrativo que tenga el deber de proceder a su averiguación, serán sancionados:

1.º Con la pena de prisión de seis meses a dos años y multa de doce a veinticuatro meses, si se imputara un delito grave.

2.º Con la pena de multa de doce a veinticuatro meses, si se imputara un delito menos grave.

3.º Con la pena de multa de tres a seis meses, si se imputara un delito leve

  1. No podrá procederse contra el denunciante o acusador sino tras sentencia firme o auto también firme, de sobreseimiento o archivo del Juez o Tribunal que haya conocido de la infracción imputada. Estos mandarán proceder de oficio contra el denunciante o acusador siempre que de la causa principal resulten indicios bastantes de la falsedad de la imputación, sin perjuicio de que el hecho pueda también perseguirse previa denuncia del ofendido.”

Penas

No artigo transcrito faise referencia tamén á imposición das seguintes sancións penais dependendo da gravidade do ilícito que se imputou falsamente:

  • Si se imputou un delito grave: pena de prisión de 6 meses a 2 anos e unha multa de 12 a 24 meses.
  • Si se imputou un delito menos grave: pena de multa de 12 a 24 meses.
  • Si se imputou un delito leve: pena de multa de 3 a 6 meses.

Requisitos

Este delito de denuncia falsa ocorre xurisprudencialmente cando:

  • Unha imputación de feitos concretos dirixida contra unha persoa determinada.
  • Que esos feitos, de ser certos, sexan ilícitos penais.
  • Que a imputación sexa falsa.
  • Denuncia ante a autoridade con obrigación de actuar.
  • Intención delictiva actuando con mala fe, é dicir, tendo conciencia de que o feito denunciado é delictivo e falso.

Ante unha sospeita de ser víctima dunha denuncia falsa é moi importante acudir con prontitude a un avogado en busca dun adecuado asesoramento e a efectos de evitar a prescripción do delito.

Fonte: mundojuridico.com

Trackback URL: https://foroavogados.gal/denuncia-falsa-cuestions-importantes-sobre-este-delito/trackback/