19 Abr, 2018

A xustiza europea establece que as gardas localizadas na casa deben considerarse xornada laboral

a-xustiza-europea-establece-que-as-gardas-localizadas-deben-considerarse-xornada-laboral-1920

No Asunto C-518/15, que tivo por obxecto unha petición de decisión prexudicial plantexada polo Tribunal Laboral Superior de Bruselas, relativo ao caso dun bombeiro que reclamaba a un concello belga unha indemnización polo tempo adicado a estar na casa dispoñible en casos de emerxencia, o Tribunal de Xustiza (Sala Quinta) da Unión Europea, ditou sentenza en data 21 de febreiro de 2018, establecendo que o tempo que un traballador está de garda e ten que permenecer no seu domicilio localizable ou dispoñible nun breve período de tempo é tempo traballado a todos os efectos.

Con ista sentenza o Tribunal de Xustiza da Unión Europea fai unha excepción á xurisprudencia que se tiña ditado até a actualidade, ao non considerarse o tempo de garda localizada como tempo de traballo efectivo. Diste xeito, o TXUE cambia o criterio ao entender que as circunstancias concretas do caso do bombeiro (ten que estar no seu posto de traballo nun tempo de oito minutos en caso de emerxencia), limitan de xeito obxectivo a posibilidade que o traballador ten de adicarse aos seus intereses persoais ou sociais, co cal ese tempo que perde de ocio ou de dedicación persoal  debe entenderse como de tempo de traballo efectivo.

Non obstante, o TXUE precisa que a normativa europea non regula a retribución dos traballadores, algo que está fóra da competencia da Unión Europea, podendo os Estados membros regular unha retribución do traballador diferente durante o tempo de traballo propiamente dito e as horas de localización.

Preme sobre esta ligazón para acceder á sentenza.

FORO AVOGADOS

DEPTO. DE DEREITO LABORAL

 

 

Trackback URL: http://foroavogados.gal/a-xustiza-europea-establece-que-as-gardas-localizadas-na-casa-deben-considerarse-xornada-laboral/trackback/