03 Nov, 2017

RESPONSABILIDADE SOLIDARIA DOS ADMINISTRADORES: ¿CANDO NACE DITA RESPONSABILIDADE?

foto-sentenzas-blog-foro-avogados-1920

Establece o artigo 367 da Lei de Sociedades de Capital ( Real Decreto Lexislativo 1/2010):”1. Responderán solidariamente das obrigas sociais posteriores ao acaecemento da causa legal de disolución os administradores que incumplan a obriga de convocar no prazo de dous meses a xunta xeral para que adopte, no seu caso, o acordo de disolución, así como os administradores que non soliciten a disolución xudicial ou, si procedese, o concurso da sociedade, no prazo de dous meses a contar dende a data prevista para a celebración da xunta, cando ésta non se constituira,  ou dende o día da xunta, cando o acordo houbera sido contrario á disolución. 2. Nestos casos as obrigas sociais reclamadas se presumirán de data posterior ao acaecemento da causa legal de disolución da sociedade, salvo que os administradores acrediten que son de data anterior.”

O problema se plantexa cando nas sociedades de capital, debido á situación patrimonial de liquidación e/ou insolvencia, actual ou inminente, na que se atopan, sendo obrigatorio ter declarado un concurso de acreedores ou instar unha disolución xudicial; non obstante, os Administradores (na maior parte únicos socios ou accionistas da sociedade), ante o temor de perder a súa empresa, deciden regularizar a situación patrimonial da sociedade, pero dentro dunha línea vermella que marca o nacemento da súa propia responsabilidade.

Nunha situación de bonanza económica, cando unha sociedade carece de actividade e, por ende, non pode responder das débedas sociais, os acreedores solen paralizar as súas reclamacións dando por fallida a recuperación do seu crédito. Non obstante, o comportamento dos acreedores nestes casos muda cando a situación económica tamén o fai, pasando a unha situación de crise, como a sufrida nos últimos anos, o que deu lugar a que ningún acreedor dea por fallidas débedas sociais sen antes esgotar tódalas vías xudiciais para tratar de recuperalas; dando deste xeito lugar ao exercicio das accións de responsabilidade contra os administradores das empresas incursas en causas de disolución.

A cuestión é de que forma pode artellar a defensa aquel administrador que está nesta situación, vendo en grave perigo o seu patrimonio persoal por débedas sociais que se lle reclaman por parte dos acreedores da empresa.

Pois certo é que dita responsabilidade solidaria non resulta esixible nos seguintes casos; a saber:

1º.- Cando a débeda social que se reclama é ANTERIOR ao acaecemento da causa legal de disolución que se alega por parte do acreedor. A cuestión que aquí se sole plantexar resulta ser cando nace a débeda social, si foi anterior ou posterior ao acaecemento da causa de disolución; toda vez que solo si a débeda foi contraída con posterioridade ao acaecemento da causa legal de disolución, xurde a responsabilidade do Administrador pola débeda social.

O art. 367 LSC establece unha presunción “iuris tantum” de que as obrigas sociais reclamadas se presumen de data posterior ao acaecemento da causa legal de disolución da sociedade, salvo que os administradores acrediten que son de data anterior.

Non debe de confundirse o momento en que nace a débeda da sociedade coa data en que xurde o deber do Administrador conforme o art. 367 LSC de responder da mesma, sendo esta a que debe de terse en conta cando daquela responsabilidade por débeda allea se trata.

O momento do nacemento da obriga social é o da data do acordo de vontades que deu lugar á perfección do contrato. As obrigas non nacen ao seu vencimento, nin nacen no momento en que se declara xudicialmente a súa existencia, a salvo de excepcionais supostos de pronunciamentos constitutivos.

A maiores, o que se pretende coa vixente Lei de Sociedades de Capital é evitar que se sigan concertando obrigas por unha sociedade que debe equilibrar o seu patrimonio ou iniciar o proceso liquidatorio, con descarte de interpretacións extensivas do ámbito da norma para comprender aquelas obrigas sociais cuia esixibilidade prodúcese tras acaecer a causa de disolución, pero que foron asumidas pola sociedade.

2º.- Cando non exista causa legal de disolución. A ditos efectos debe acudirse ao  artigo 363 da LSC, que describe as causas legais de disolución das sociedades de capital. Logo, si a causa que se alega polo acreedor na súa reclamación non está prevista entre as causas de disolución legal, resulta obvio que non pode xurdir a responsabilidade do administrador ex art. 367 LSC.

3º.- Cando estea prescrita a acción.- Respecto o prazo para o exercicio da acción de responsabilidade contra os Administradores, o artigo 241 bis LSC, establece un prazo de prescripción de catro anos a contar dende o día en que a acción puidera exercitarse.

O Xulgado do Mercantil de A Coruña, analizando un caso como o que aquí plantexamos, desestimou a demanda interposta de contrario por un acreedor contra os Administradores Mancomunados dunha sociedade de responsabilidade limitada, ao entender que os mesmos non eran responsables da débeda social que se lles reclamaba, por ser anterior ao acaecemento da causa legal de disolución e non posterior como esixe o meritado art. 367 LSC.

Podes acceder á sentenza completa aquí.

Paloma López Outeiral

Letrada do Dpto. de Dereito Mercantil FORO AVOGADOS

Trackback URL: https://foroavogados.gal/responsabilidade-solidaria-dos-administradores-cando-nace-dita-responsabilidade/trackback/

Deixe un comentario: