10 Xul, 2023

Interesante Sentencia sobre a aplicación da sociedade legal de gananciais ás parellas de feito

nueva sentencia.1920

Con ocasión dun recurso presentado por iste despacho, a  Audiencia Provincial de Lugo vén de pronunciarse sobre a extensión ás parellas de feito inscritas no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia,  da regulación que os artigos 171 e 172 da LDCG adican ao réxime económico matrimonial, entendendo que en defecto de convenio entre as partes, o réxime aplicable será o supletorio da sociedade de gananciais, ao amparo da Disposición Adicional Terceira da Lei de Dereito Civil de Galicia.

Sobre este particular, razona a Sentencia que dita aplicación supletoria non supón maior afectación ao principio de autonomía da vontade que o que sufren as parellas casadas a quenes dito réxime tamén se lles impón supletoriamente en defecto de pacto, admitíndose ademáis que as parellas de feito regulen non só as consecuencias económicas da unión de xeito expreso, senón que tamén se admiten os pactos tácitos, que se poden deducir dos “facta concludentia” debidamente probados.

E en  méritos do anterior, a Sentencia declara a nulidade das escrituras autorizadas por un dos membros da parella nas que constaba como unico titular do 100 % do pleno dominio,  así como a cancelación dos asientos rexistrais practicados na súa virtude,  ordenando a súa rectificación a fin de adecuar a realidade fáctica e rexistral, en tanto se declara que os bens adquiridos durante a vixencia da relación “more uxorio” dos causantes pertencen en proindiviso a ambos (e  na actualidae aos seus respectivos heredeiros).

Para acceder á sentenza prema sobre esta ligazón.

 

NOELIA BARREIRO SÁNCHEZ

Letrada do Dpto. de Dereito Civil

Trackback URL: https://foroavogados.gal/interesante-sentencia-sobre-a-aplicacion-da-sociedade-legal-de-gananciais-as-parellas-de-feito/trackback/