Defínese testamento como a declaración voluntaria dunha persoa onde se expresa nun documento o que se fará cos seus bens despois do seu falecemento. Dito doutro modo, é unha escritura pública na que constará de forma legal a vontade do testador en relación ó seu patrimonio e a outras aspectos da súa sucesión.
É moi importante e recomendable facer testamento para evitar complicacións ou conflictos aos herdeiros. Trátase dun procedemento sinxelo, rápido e bastante económico que de non realizarse pode converterse nun proceso longo e costoso. Cómpre sempre contar cos servizos ou asesoramento legal dun avogado especializado ou versado en dereito civil.
Únicamente será válido o último testamento realizado xa que exclúe a todos os anteriores, salvo que do mesmo se desprendan diferentes conclusións.
É a parte dos bens do patrimonio do testador/a que a lei obriga a deixar aos herdeiros forzosos ou determinadas persoas. En Galicia a lexítima dos fillos e descendentes consiste nunha cuarta parte do haber hereditaria.
A pesar de que toda persoa maior de catorce anos pode formalizar un testamento se está en plenas facultades, non soe realizarse ata a proximidade do final da vida. É dicir, pénsase que é máis necesario en persoas maiores se non se teñen en conta as mortes repentinas. Non obstante, existen certas situacións nas que é aínda máis priotario facer testamento: cando se convive en parella, cando hai fillos, cando se monta un negocio ou cando se piden préstamos.
Segundo o Código Civil, dúas terceiras partes dos bens da herdanza deben ser para os fillos/as e netos/as. No caso do falecemento dun fillo/a, os herdeiros son os pais e ascendentes e de non existir, o viúvo/a do falecido/a. Sen embargo, en Galicia o réxime é diferente a a lexítima está constituida pola cuarta parte dos bens indicamos unhas liñas máis arriba.
Para desherdar a un fillo necesítanse causas moi graves que expresa a lei como atentar contra a vida do testador/a.
Cando non existen herdeiros forzosos, herdarán as personas da familia máis cercanas. E se non hai familiares, herda a Comunidade Autónoma ou o Estado.
Neste organismo pódese solicitar un certificado que acredite se unha persoa falecida realizou ou non testamento. Será preciso adxuntar o Certificado de Defunción para obter tal certificado e confirmar cando e onde se fixo un testamento, que sempre queda rexistrado.
Iste certificado pode obterse mediante petición ó Rexistro Central ou directamente nas dependencias territoriais do Ministerio de Xustiza. A máis próxima para nós é a existente na cidade de A Coruña.
Luns a Xoves
9:30 a 13:30
16:00 a 20:00
Venrres
9:00 a 14:00
Aviso Legal
Política de privacidade
Política de Cookies
Implementado por xeral.net