28 Mar, 2018

Que tipos de sentenzas existen?

que-tipos-de-sentezas-existen-1920

A Real Academia Galega define senteza como a decisión dun xuíz ou dun tribunal sobre un caso concreto. Asimesmo, aparece outra definición que se refire ó dito ou frase que expresa un consello ou xuízo da saberdoría popular. Tendo claro o seu significado resulta interesantes coñecer os principais tipos de sentenzas existentes.

Segundo a razón da materia

  • Civís.
  • Penais.
  • Contencioso-administrativas.
  • Laborais ou comerciais.

Segundo a forma

  • Escritas.
  • Orais (só admisibles nalgúns procesos).

Segundo os efectos

  • Constitutivas. Ten que ver cos procesos civís que poden crear (adopción) modificar (filiación) ou poñer fin a unha situación xurídica (divorcio).
  • Declarativas. Declárase unha situación xurídica que non existía con anterioridade como pode ser unha declaratoria de herdeiros.
  • Absolutorias. Cando nun proceso penal o procesado é absolto por insuficienca de probas.
  • Condenatorias. Aplícase unha codea dacordo a unha lei penal tras demostrarse a responsabilidade do acusado. O mesmo acontece canta nun proceso ciil se impón a unha das partes o resarcemento do dano causado.

Segundo o alcance da resolución

  • Interlocutorias. Non deciden sobre a cuestión principal.
  • Definitivas. Resolven a cuestión de fondo.

Segundo a posibilidade ou non de impugnación

  • Firmes. Non son recurribles.
  • Recurribles ou non firmes. Permite que se interpoñan recursos ordinarios ou extraordinarios.

Segundo a súa instancia

  • De instancia única. Non cabe apelación ou recurso algún ante tribunal superior.
  • De primeira instancia. Cando a decisión do xuíz que decide en primeiro grado pode ser revisada por un tribunal de instancia superior.
  • De segunda ou ulterior instancia. A dictada polos tribunais que revisan a sentenza dictada en anteriores instancias.

Fonte: https://derecho.laguia2000.com/

 

Trackback URL: http://foroavogados.gal/que-tipos-de-sentenzas-existen/trackback/