18 Xan, 2018

A LOPD e os grupos de WhatsApp

-a-lopd-e-os-grupos-de-whatsapp-1920

A Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) pronunciouse sobre un conflicto acontecido acerca dun grupo de WhatsApp. Un veciño de Boecillo (Valladolid) puxo unha denuncia ó Concello por agregalo a unha conversación grupal sen o seu permiso. ¿É isto legal?

LOPD

Segundo a Ley Orgánica de Protección de Datos de Carácter Personal a administración local cometeu unha infracción debido a que empregou o número de teléfono para outro fin distinto de aqueles para os que foi recollido.

O artigo 4.2 di que:

“Los datos de carácter personal objeto de tratamiento no podrán usarse para finalidades compatibles con aquellas para las que los datos hubieran sido recogidos”. “No se considerará incompatible el tratamiento posterior de estos con fines históricos, estadísticos o científicos”.

E o artigo 10 manifesta que:

“El responsable del fichero y quienes intervengan en cualquier fase de tratamiento de los datos de carácter personal están obligados al secreto profesional respecto de los mismos y al deber de guardarlos, obligaciones que subsistirán aún después de finalizar sus relaciones con el titular del fichero, o, en su caso, con el responsable del mismo”.

Do anteriormente exposto extráese como consecuencia que o Concello de Boecillo cometeu unha infracción grave por non cumplir co que a lei establece.

Medidas

Tras esta situación o grupo de WhatsApp foi eliminado. Deste xeito os números de teléfono de máis de 200 veciños deixaron de estar visibles para os demais membros da conversación. Sen dúbida, ese era un dos maiores problemas.

Polo tanto, hai que ter coidado co uso que se dá ós datos personais, porque sempre se debe ter un consentimento previo e inequívoco dos titulares. Tanto para os grupos de WhatsApp como para calquera aplicación de mensaxería instantánea ou outro servicio de comunicación. Todo dato personal debe responder ás finalidades concretas para as que foi autorizado.

Fonte: La Voz de Galicia

 

Trackback URL: https://foroavogados.gal/lopd-os-grupos-de-whatsapp/trackback/