22 Feb, 2018

Entra en vigor a lei que permite ás persoas con discapacidade ser xurado popular

entra-en-vigor-a-lei-que-permite-as-persoas-discapacitadas-ser-xurado-popular-1920

Este 14 de febreiro entrou en vigor a Lei Orgánica 1/2017 de 13 de decembro pola que as persoas con discapacidade poderán formar parte do xurado popular modificándose a normativa anterior reguladora do Tribunal do Xurado.

Defínese xurado popular como un modelo ou figura de participación cidadá na xustiza que está regulado na Lei Orgánica 5/1995 do Tribunal do Xurado. Nesta citada lei o artigo 8 establece no seu apartado 5 que os requisitos para poder participar no xurado son: “no estar impedido física, psíquica o sensorialmente para el desempeño de la función del Jurado”.

Cambio

Agora a modificación da normativa indica que a condición será “contar con la aptitud suficiente para el desempeño de la función de jurado”. E engade que “las personas con discapacidad no podrán ser excluídas por esta circunstancia de la función de jurado, debiéndoseles proporcionar por parte de la Administración de Justicia los apoyos precisos, así como efectuar los ajustes razonables, para que puedan desempeñar con normalidad este cometido”.

Respaldo

Os dereitos que fundamentan esta modificación lexislativa son:

  • Artigo 14 da Constitución Española que proclama a igualdade ante a Lei de todos os integrantes da sociedade.
  • A Convención Internacional sobre los Dereitos das Personas con Discapacidade, que recolle o dereito de igualdade, o dereito á igualdade ante a lei e o dereito de participación en asuntos públicos e de acceso á xustiza.

Non é obrigatorio

É importante puntualizar que a Lei Orgánica 1/2017 matiza que esta nova norma non é unha obrigación para as persoas con discapacidade, senón unha oportunidade para participar nun xurado popular se foran convocadas. Polo tanto, chegado o momento poderían escusarse da tarefa se o estiman conveniente ou oportuno. Non obstante, deberán xustificar esta situación ante o maxistrado que presida o tribunal xurada en cuestión.

No artigo 12 queda reflectido o seguinte: “Podrán excusarse para actuar como jurado los mayores de sesenta y cinco años y las personas con discapacidad”.

Segundo indica EL PAÍS, o mecanismo do xurado popular funciona para o ámbito penal en delitos como homicidio, ameazas, omisión do deber de socorro, allanamento de morada ou malversación de caudais públicos.

Fonte: Noticias Jurídicas

Trackback URL: http://foroavogados.gal/entra-vigor-lei-permite-as-persoas-discapacidade-xurado-popular/trackback/