05 Feb, 2018

Dereito laboral e xurisdición social

dereito-laboral-e-xurisdicion-social-1920

Unha das áreas de actuación de Foro Avogados é a do dereito laboral e da Seguridade Social. Trátase dunha rama que regula a relación laboral entre empregados e empresas, así como a intervención das diferentes administracións e os sindicatos.

Entre os temas máis comúns atópanse os seguintes:

  • Conflictos e asesoramento laboral: vacacións, modificacións de condición laborais, conciliación familiar, tutela de dereitos fundamentais, horas extraordinarias, etc.
  • Despedimentos e reclamacións salariais.
  • Prestacións da Seguridad Social e desemprego.

Dereitos sociais

A Constitución establece unhas mínimas garantías:

  • Dereito ó traballo.
  • Dereito ó salario mínimo.
  • Indemnización ante despedimento ou fin de contrato.
  • Dereito de sindicación.
  • Dereito de folga.
  • Dereito a negociar colectivamente.
  • Xornada de traballo, descanso semanal e vacacións.
  • Seguridade Social.
  • Seguridade e hixiene na empresa para previr accidentes do traballo e as enfermidades profesionais.

Lei

A máis importante e o Estatuto dos Traballadores, a Lei Reguladora da Xurisdicción Social e a Lei Xeral da Seguridade Social. Ademais, están as leis especiais para tratar temas particulares e moi específicos que complementan a lexislación laboral, así como os convenios colectivos e a nutrida xurisprudencia en cada unha das materias laborais.

Normativa internacional

  • Tratados da Organización Internacional do Traballo (OIT).
  • Pactos ou convenios das Nacións Unidas.

Negociación

O dereito laboral é unha materia na que a negociación é moi importante, tanto desde o punto de vista individual como colectivo, así como desde a perspectiva da empresa como dos traballadores, sendo posible, en numerosas ocasións, evitar o xuizo cun bo asesoramento e unha adecuada negociación.

Cambios lexislativos e xurisprudenciais

O dereito laboral caracterízase polos importantes cambios lexislativos e xurisprudenciais que existen na materia, sufrindo variacións constantemente para adaptarse ás circunstancias concretas da realidade social. Neste senso, é fundamental a figura do asesor ou do avogado para explicar a normativa vixente e a doutrina xurisprudencial que se debe aplicar en cada momento.

Trackback URL: http://foroavogados.gal/dereito-laboral-xurisdicion-social/trackback/