08 Set, 2017

Condena á administración ao abonamento das prestacións de dependencia tras o falecemento do titular

condena-a-administracion-ao-abonamento-das-prestacions-de-dependencia-1920

Con ocasión dun recurso presentado por este despacho, o  Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Lugo veu a recoñecer ao coidador dun dependente falecido, durante a tramitación do procedemento de recoñecemento de grao e nivel de dependencia, os atrasos  que debería ter percibido en concepto de libranza polos coidados dispensados  no entorno familiar dende  febreiro de 2013 ata o momento do falecemento, declarando nula a Resolución dictada pola Consellería de Política Social  pola que inadmitía a solicitude formulada polo coidador e condenando en consecuencia á Administración demandada a facer efectiva dita prestación, incrementada cos xuros correspondentes, así como a abonar as  custas causadas.

De xeito contundente a sentencia que nos ocupa recorda que a falla de aprobación do PIA en prazo por parte da Administración non debe privar ao dependente de tódalas prestacións e servicios recoñecidos na resolución de declaración da situación de dependencia, non  sendo admisible que a Administración se poida beneficiar da súa propia inactividade, acollendo  así o noso plantexamento e estimando íntegramente o recurso presentado.

Para ver a sentencia pincha aquí.

Trackback URL: https://foroavogados.gal/condena-administracion-ao-abonamento-das-prestacions-de-dependencia-tras-o-falecemento-titular/trackback/

Deixe un comentario: