16 Feb, 2018

Cartel de camións

cartel-de-camions-1920Recentemente, as autoridades da CEE impuxeron a varias compañías fabricantes de vehículos de transporte, unha importante sanción económica por ter vulnerado a normativa europea en materia de competencia. Así se desprende da decisión publicada no DOUE número C108 de 6 de abril de 2017.

Tal actividade implicaba o retraso consciente e deliberado na implantación de sistemas de protección de emisións, e produciu un sobrecoste que soportaron tódolos adquirintes de camións a partir do ano 1997, ata onde se remontaron as investigacións da CEE.

Procedemento legal

FORO AVOGADOS está a iniciar medidas legais para a protección de transportistas e adquirientes de vehículos afectados polo chamado “cartel de camións”, que se incoarán nos Xulgados e Tribunais españois, por permitilo así a actual normativa europea e estatal, podendo reclamar tódolos afectados compradores de camións entre os anos 1997 e 2011.

Estas medidas legais tentarán restablecer os dereitos dos afectados a non soportar un sobrecoste, e a obter a correspondente indemnización de danos e perxuicios, para o que o noso equipo especializado en dereito civil e mercantil está xa confeccionando a oportuna demanda.

        Lugo, febreiro de 2018.-

Trackback URL: https://foroavogados.gal/cartel-de-camions/trackback/