25 Xan, 2018

Características do dereito de familia

caracteristicas-do-dereito-de-familia-1920

O dereito de familia ou familiar ten que ver coas normas e institucións xurídicas que regulan as relacións personais e patrimonios dos membros que integran a familia, entre si e respeto a terceiros.

A pesar de que nun primeiro momento era parte do dereito civil, actualmente é unha rama autónoma que ten principios propios. De feito, hai países que a maiores do Código Civil dispoñen dun Código de Familia.

Sentido ético

Este ámbito xurídico baséase en normas sen sanción ou de sanción reducida e deberes incoercibles.

Disciplina de estados civís

Ditos estados (cónxuxe, separado, divorciada, pai, nai, fillo, etc) dan lugar a relacións patrimoniais con modalidades particulares que son consecuencia dos estados e inseparables deles.

Prima o interese social sobre o individual

Gran parte dos dereitos de familia tenden a ser recíprocos como pode ser no caso do matrimonio. Porén, existen certas situacións que orixinan unha relación de superioridade ou dependencia como é a relación de pais e fillos (patria potestade).

As normas xurídicas inclúense no “orden público”

É dicir, son imperativas e indisponibles.

A importancia do dereito familiar é tan evidente sobre todo porque busca resgardar e protexer o patrimonio dunha familia, establecéndose obligacións, deberes e dereitos das persoas que a forman.

Son o matrimonio e a filiación as dúas institucións fundamentais do dereito de familia. Entendéndose matrimonio como a unión dunha parella feita legal por medio dunha cerimonio formalizada, e filiación como o vínculo de parentesco que une un fillo ou filla aos pais. Esta última é unha relación xurídica que existe entre dúas personas sexa por un feito natural ou por un acto xurídico.

 

 

 

Trackback URL: https://foroavogados.gal/caracteristicas-dereito-de-familia/trackback/