05 Xan, 2018

Cales son os problemas legais máis comúns en España?

cales-son-os-problemas-legais-mais-comuns-en-espana-1920

Débedas, divorcios e despidos encabezan a lista dos dez problemas legais máis habituais dos cidadáns españois. É unha conclusión que se extrae dos datos recopilados por Lexdir, unha plataforma web para poñer en contacto a avogados e usuarios.

A través dunha mostra aleatoria de 11.200 cuestións realizadas sobre dereito establécese que os temas que preocupan en maior medida son:

Débedas

Contraídas con proveedores de empresas, co banco ou con Facenda por mor da crise económica. Aquí destacan asuntos como os embargos, desafiuzamentos de vivendas ou impagos.

Divorcio

Casi 66.000 demandas de divorcio foron presentadas nos dous primeiros trimestres de 2014 en España, segundo datos do Consejo General del Poder Judicial. Polo tanto, non é de extrañar que sexa o segundo problema máis común.

Despido

En medio dun panorama cunha alta tasa de desemprego resulta case obvio que os despidos sexa outro tema preocupante con consultas sobre a indemnización por despido, a prestación a desempregados ou todo o que ten que ver cos despidos improcedentes.

Pensión de alimentos

É unha das disputas legais que aparece nos procesos de divorcio ou separación cando hai fillos menores. Tamén debido á crise se dispararon os impagos da pensión de alimentos.

Hipoteca

A maioría das cuestións neste ámbito refírense á polémica das cláusulas suelo con demandas a espera dunha solución xudicial.

Custodia

Hoxe en día xa non se otorga sempre a custodia dos fillos á nai e avógase máis pola custodia compartida.

Comunidade de veciños

Conflictos entre veciños dun edificio nunca faltan. É outra disputa clásica que soe vir acompañada de situacións como: impagos da cuota, ruido, falta de hixiene ou insultos.

Herdanza

O feito de recibir unha herdanza pode supoñer un auténtico quebracabezas por aspectos como: dereitos dos herdeiros, posibilidade de cobrar a lexítima, Impuesto sobre Sucesiones, papeleo…

Multas de tráfico

É frecuente que todo afectado por unha multa de tráfico proceda a recurrila, fraccionala ou evitar que lle embarguen para cobrala. Conducir baixo os efectos do alcohol é a sanción máis consultada.

Arrendamento de vivenda

Impago do alugamento e desafiuzamento por impago son os dous problemas máis acontecidos entre inquilinos e arrendadores.

* Información do ano 2014

Fonte: Diario Jurídico

 

Trackback URL: http://foroavogados.gal/cales-os-problemas-legais-mais-comuns-espana/trackback/

Deixe un comentario: