07 Mar, 2018

Aumenta o uso ilegal de software nas empresas

aumenta-o-uso-ilegal-de-software-nas-empresas-1920

Arredor do 44% dos programas informáticos instalados nas empresas son ilegais. Isto significa que case a metade do software empregado nos equipos corporativos en España se instalaron sen autorización do propietario de dereitos de autor. Outra situación pode ser que se incumpren os términos do contrato de licencia.

Denuncias

O método máis habitual para iniciar investigacións ou rexistros xudiciais é despois dalgunha acusación xeneralmente de antigos empregados. En 2017 foron 576 os ‘chivatazos’ acontecidos, o que supón un incremento do 14% con respecto ós datos de 2016.

Segundo un estudio o 80% dos traballadores estaría disposto a informar de ilegalidades e conductas non éticas da súa empresa. Asimesmo, o 76% considera unha mala práctica ou un delito o uso de software sen licencia debendo afrontar as consecuencias legais as propias empresas.

Sancións

Tal e como está a acontecer cos primeiros casos por vía penal é posible sancionar a directivos e empregados como ás propias empresas que usen software pirata. En canto as penas que poden ser aplicadas están:

  • Condeas de cárcere de entre seis meses a catro anos.
  • Multas de 12 a 24 meses que podrían ascender ata 288.000 euros.
  • Para a persoa xurídica podería impoñerse unha sanción de ata o quíntuple do beneficio obtido pola infracción. Por outro lado, podería enfrentarse á suspensión das súas actividades, clausura dos seus locais e establecementos, prohibición de realizar as mesmas actividades, inhabilitación para obter subvencións e axudas públicas ou para gozar de beneficios e incentivos fiscais, e enfrontarse a unha intervención xudicial.

Lei de Propiedade Intelectual

A propiedade intelectual está regulada na Lei de Propiedade Intelectual aprobada por Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril. Este concepto abarca unha serie de dereitos de carácter persoal e/ou patrimonial que atribúen ó autor e a outro titulares a disposición e explotación das súas obras e prestacións. Deste xeito protéxense creacións orixinais literarias, artísticas ou científicas en calquera medio como: libros, escritos, obras audiovisuais, mapas, fotografías, programas de ordenador, bases de datos, esculturas, obras pictóricas, obras dramáticas, composicións musicais, coreografías, planos, amquetas, interpretacións artísticas, fonogramas, gravacións audiovisuais e as emisións de radiodifusión.

Fonte: Expansión

Trackback URL: http://foroavogados.gal/aumenta-uso-ilegal-de-software-nas-empresas/trackback/